sábado, 30 de marzo de 2013

PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARA O PROGRAMA APRENDER A CONVIVIR
En que consiste?: en tomar conciencia da necesidade de convertir este centro de ensino nun lugar para aprender a pór en práctica as actitudes que propician unha convivencia libre, solidaria, tolerante e participativa.
A quen vai dirixido?: a todo o profesorado e alumnado de E.P.
Que finalidade ten?:mellorar a convivencia do centro.
Quen o coordina: a Xefa de estudos e a Orientadora.
Que temporalización ten?: todo o curso
Como se vai levar a cabo?: a través de xuntanzas dos representantes (2 por aula) coa Xefa de estudos e a Orientadora. Nestas reunións falarase de temas relacionados coa convivencia do centro e propostos polo alumnado. Levantarase acta das decisións tomadas. Os representantes que acudan ás reunións terán que informar aos seus correspondentes compañeiros e compañeiras das decisións tomadas.
Como se vai a avaliar?: Unha vez rematadas as actividades, o profesorado reunirase para avaliar este programa na súa totalidade. Algúns aspectos traballados poderán valorarse de forma inmediata, especialmente a mellora nos comportamentos no centro, e a disminución de conflictos. Farase unha memoria final na cal se reflictan as valoracións do proceso.
Que propostas de actuación se van levar a cabo?
1ª fase: realización dun sociograma para determinar o clima social do grupo, deste xeito, facilitarase a toma de decisións á hora de abordar as posibles situacións perturbadoras da convivencia escolar.
2ª fase, normas: en todas as aulas falarase sobre a importancia de normas de convivencia. Decidírase elaborar democraticamente unha seríe de normas necesarias para a convivencia no colexio.
3ª fase: elección de delegado/a ou representante
4ª fase: xuntanzas representantes e profesorado:ao longo do curso terán lugar cada dous meses aproximadamente unha reunión cos delegados/as ou dous representantes de cada curso de E.P e 2 mestres/as do centro, a saber, xefa de estudos e orientadora. Estas reunións terán un carácter oficial. Os alumnos/as serán convocados por medio dunha orde de convocatoria cos temas que se van tratar.
Nestas reunións se discutirá sobre como mellorar a convivencia do centro e se tomarán decisións a levar a cabo para mellorala.


No hay comentarios:

Publicar un comentario